Xove, 11 de febreiro, 2025. O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron a programación especial para o vindeiro Entroido 2025. As actividades comezarán o 28 de febreiro cun gran baile infantil de disfraces. Pero será o sábado día 1 de marzo, a partires das 17:00 h, cando chegue o prato forte do entroido en Xove: o gran desfile de carnaval polas rúas de Xove, con divertidas carrozas, centos de participantes e charangas, onde se repartirán máis de cinco mil euros para os mellores disfraces e comparsas. As bases do concurso do desfile poden atoparse e descargarse da páxina web do Concello www.xove.es
Despois do desfile, dará comezo a festa de entroido no pavillón municipal de deportes, onde se coñecerán ós/ás gañadores/as dos premios do desfile.