Viveiro, 22 de febreiro de 2025. O Concello de Viveiro presentou, xunto á nova Comisión de Festas de Viveiro, a súa Festa de Antroido 2025 para recadar fondos de cara á celebración das festas patronais.
O evento terá lugar o día 3 de marzo nos xardíns Noriega Varela, no marco das celebracións do Entroido no municipio. A apertura de portas será ás 20:00.
Haberá cea ás 21:30, e, a continuación, un concurso de disfraces e mais baile, amenizados ambos por Juanjo Music. O Concello colabora aportando a carpa para a celebración.
Será a primeira destas festas organizada pola Comisión Viveiro en Festas, creada recentemente por xente nova da localidade para organizar as festas patronais logo de varios anos nos que esta responsabilidade recaeu no Concello.
Aínda hai prazas dispoñibles, polo que será posible inscribirse na cea ata o martes 25 de febreiro contactando co número de teléfono 614 191 962. A entrada no baile será libre a partir das 00:00.
As entradas poderán ser adquiridas fisicamente nos seguintes establecementos de diferentes parroquias: Casa Eladio (Galdo), A Curva (Xunqueira), Temple Bar (Covas), Cafetería 12 (Viveiro), Bar a Zapatería (Viveiro), Restaurante A Chabola (Lodeiro) e Café Bar Rolindes (Celeiro).
A alcaldesa María Loureiro sinala que “é un pracer colaborar coa organización desta festa e co traballo da nova Comisión, que xa está a desenvolver un labor moi neceario para as festas do municipio”.