Cervo, 19 de febreiro, 2025. A alcaldesa, Dolores García Caramés, mantivo un encontro con Víctor, Erin, Martín, Yaiza e Nerea, esta tarde en Cervo, e tamén co responsable de proxectos internacionais, Marcelino Luna, e Rocío Álvarez, vicedirectora do IES Monte Castelo, para intecambiar impresións e coñecer de primeira man como foi a súa experiencia no Parlamento Europeo o pasado 28 de xaneiro.
Unha viaxe, na que Cervo estivo moi ben representado por estes 5 alumnos/as matriculados no IES Monte Castelo, que foi elixido pola Comisión Europea para participar na xornada da Euroescola no Parlamento, compartida con 900 mozos e mozas de todo o continente.
Resultado do traballo realizado dende as Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo e de toda a comunidade educativa para transmitir os valores da Unión, valores que, entre outros, teñen que ver coa inclusión, igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a dixitalización responsable, sostibilidade ambiental e a participación cidadá activa.
Na viaxe, estiveron acompañados por Marcelino Luna, responsable de proxectos internacionais, e Raquel Sánchez Monterde, xefa de estudos e embaixadora senior das EPAs do centro.
Un pracer ter colaborado con vós nesta experiencia que como puidemos comprobar quedou ben aproveitada! Seguimos sumando sinerxias e apostando por unha educación de calidade.