Site icon Crónica3.com A Mariña

O segundo taller de ‘Constantes Vitais’ chegará este mes a varias parroquias de Ribadeo

Ribadeo, 11 de febreiro de 2025. O segundo taller de Constantes Vitais, organizado pola Concellería de Benestar Social, chegará este mes a varias parroquias ribadenses.

O día 13 de febreiro será ás 16:00 horas en Cedofeita; o 17 ás 16:00 horas en Cinxe; o 18 ás 18:00 horas en Vilaselán; e o 26 de febreiro ás 18:00 horas en Ribadeo.

O taller é impartido pola enfermeira María Roel Pardo. A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, agradece “el trabajo que María, la enfermera de nuestra concejalía, está realizando. Podemos anunciar que ya hay más charlas preparadas, de las que iremos informando poco a poco. Lo que pretendemos es conseguir un mayor bienestar e indepenencia de nuestros mayores”.

Segundo explica María Roel “o obxectivo do taller de constantes vitais para as persoas maiores é proporcionarlles coñecementos e habilidades para que poidan realizar un seguimento básico da súa saúde e saber actuar con responsabilidade ante cambios nos seus sinais vitais. Este tipo de taller contribúe a un maior benestar e independencia das persoas maiores, fomentando unha actitude proactiva cara á súa saúde”.

As charlas que se impartirán ao longo dos vindeiros días abordarán cuestións coma primeiros auxilios básicos, os coidados da pel, prevención de caídas e coidados a persoas dependentes e aos propios coidadores.

Exit mobile version