Os asistentes poderán gozar dunha cea composta por seis pases elaborados con produtos de tempada que a cociñeira Mar Orosa pensou especificamente para esta cita. Igualmente, durante o transcurso do menú, os produtores convidados comentarán os seus produtos, así como as elaboracións nas que estes se utilizan.