A institución provincial realiza unha achega económica de máis de 30.000€ para a organización da feira, na que está previsto que se vendan 20.000 quilos do produto cárnico.

A institución provincial realiza unha achega económica de máis de 30.000€ para a organización da feira, na que está previsto que se vendan 20.000 quilos do produto cárnico.
O 112 Galicia recibiu o aviso ás 11:45 deste sábado a través dun particular, que alertaba dunha colisión entre dous coches con posibles feridos. De inmediato, informouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Vilalba e ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Nun primeiro momento, os servizos sanitarios decidiron activar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, pero finalmente a súa intervención foi anulada. Os dous feridos foron trasladados en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
O pasado día 8 deste mes presentouse unha denuncia no cuartel da Garda Civil, na cal se poñía en coñecemento a subtracción dunha caseta de obra que se atopaba nunha leira situada no termo municipal de Foz, e que tres días máis tarde estaba á venda nunha páxina en liña especializada na venda de diversos materiais de segunda man. Como resultado da investigación localizouse esta caseta subtraída e investigouse aos presuntos autores do ilícito. As dilixencias policiais e as persoas investigadas foron postas ao dispor xudicial.
Durante o emotivo encontro, o rexedor trasladoulle o agarimo de todo o municipio, destacando a importancia de celebrar a vida e a experiencia das persoas maiores: “É unha honra para o Concello de Trabada compartir este momento tan especial con Tomasa. O seu século de vida é testemuño da nosa historia e do noso sentir comunitario. En nome de toda a veciñanza, desexámoslle moitísima felicidade e saúde”, sinalou Rubén García. Como mostra de recoñecemento, a concelleira e o alcalde fixeron entrega a Tomasa dunha placa conmemorativa e dun ramo de flores. Desde o Concello de Trabada destacan o compromiso de seguir a render homenaxe ás persoas maiores, verdadeiros alicerces da identidade e da memoria colectiva do municipio.
Os feitos tiveron lugar o venres nun establecemento de hostalería focense, cando o presunto autor accedeu ao seu interior tras romper cunha pedra de grandes dimensións a porta de cristal dun dos anexos do bar. O infractor foi detido cando tentaba abandonar o interior cunhas moedas subtraídas e varias botellas de alcol no seu poder. A persoa detida e as dilixencias policiais serán postas a dispor xudicial.
Nela acordaron o dispositivo que velará pola seguridade durante o Entroido no Concello, concretamente o XLIII desfile do Entroido. Recalcaron a importancia de levar a cabo un operativo acorde coa festividade, incidindo no desfile para que “tanto os veciños como as veciñas poidan gozar sen incidencias”.
O acordo contempla inversións por 6M€ da Xunta, que agora si, irán ao terceiro concello da provincia. A licitación da variante ou a axilización do PXOM, son algúns dos puntos asinados. Os indepedentes non entrarán no goberno. O pleno no que se debatirá o moción será o 7 de marzo.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital