As solicitudes poderán presentarse entre o 10 e o 31 de marzo de 2025
Viveiro, 28 de febreiro. O Concello de Viveiro anuncia a apertura do prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal para o curso 2025-2026. As familias interesadas poderán realizar a súa solicitude entre o 10 e o 31 de marzo de 2025.
A preinscrición está dirixida tanto a aquelas familias que desexen renovar a praza dos seus fillos como a aquelas que soliciten un novo ingreso. Os formularios poden recollerse na Escola Infantil Municipal e no Centro de Servizos Sociais, ou descargarse desde a páxina web do Concello de Viveiro.
Para formalizar a solicitude, as persoas interesadas poderán presentar a documentación no rexistro do Concello de Viveiro ou a través da súa sede electrónica, facilitando así a tramitación de forma áxil e accesible.