“Á vista dos anuncios de investimentos en municipios da provincia de Pontevedra, reclamamos actuacións urxentes nesta vía de competencia estatal”, sinala a deputada autonómica, Nicole Grueira
Os populares botan en falta que o delegado do Goberno anuncie cando comezarán as obras na N-640 ao seu paso entre os termos municipais de Meira e A Pastoriza, así como o arranxo de todos os tramos deteriorados.
“A estrada N-640, que é a principal arteria de comunicación para os municipios da comarca de Meira, coa capital da provincia, coa Mariña oriental e Asturias atópase nun estado lamentable, co pavimento deteriorado e sen alumeado, o que imposibilita unha circulación segura e normal, que ademais pon en risco tanto a seguridade viaria como indirectamente tamén o desenvolvemento económico da zona”, lembra a deputada popular.