Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP lamenta que “PSOE e BNG sigan apostando pola desidia e o continuísmo no Consello Provincial de Turismo en lugar de innovar e traballar pola provincia”

Antonio Ameijide e Demetrio Salgueiro participaron nunha nova xuntanza deste órgano na que “unha vez máis, o goberno provincial negouse a dar impulso e maior difusión aos premios de turismo para este 2025”

Lugo, 28 de febreiro de 2025. Para PSOE e BNG no goberno da Deputación de Lugo o turismo é unha materia “que non lles importa” a pesar de ser un dos principais motores económicos da provincia.

A esta xuntanza asistiron os deputados do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide e Demetrio Salgueiro.

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, amosouse moi crítico coa postura de PSOE e BNG xa que “esta xuntanza tiña que terse realizado xa para, entre todos os presentes, consensuar as accións de difusión da provincia a realizar, sendo a realidade que cada vez hai menos participantes nas xuntanzas xa que lles quitan a ilusión aos integrantes”.

Neste senso, Ameijide tamén lamentou “a imposibilidade de poder realizar calquera tipo de achega, xa que PSOE e BNG só empregan o Consello para a difusión da imaxe do presidente, pero se negan a escoitar calquera proposta”.

“A realidade é que tal e como xestionan PSOE e BNG o Consello Provincial de Turismo están a quitar a ilusión aos integrantes, algo que queda patente en que cada vez hai menos asistencia, polo que deben de abrir o órgano á participación dos seus membros e, incluso, contar con novos representantes”, sinalou.

FUNCIONAMENTO DO CONSELLO PROVINCIAL DE TURISMO

O Consello Provincial de Turismo debe ser un órgano con contidos, no que se proporcione documentación e se conte coas ideas dos asistentes e no que se tomen decisións polo ben da promoción da provincia de Lugo “en lugar de ser un ente no que unicamente se promociona a figura de José Tomé e os seus escollidos do PSOE”.

Antonio Ameijide pregunta “que sentido ten convocar este órgano se non se emprega adecuadamente”, unha pregunta que apoia en que no regulamento do Consello Provincial de Turismo se estipula que a Deputación debe realizar a difusión e promoción turística da provincia, “e non o están a facer”.

Exit mobile version