Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP esixe dende o Congreso explicacións a Sánchez sobre “outro agravio” á Mariña que “ten que seguir pagando o FEVE que en Asturias e Cantabria é gratis”

De Olano afea que “este proceder habitual do Goberno de Sánchez” conte co “aplauso do PSdeG e BNG” tamén no caso da condonación da débeda autonómica que “en realidade suporía para Galicia asumir preto de 600M€ máis de débeda”

A Mariña, 27 de febreiro de 2025. Os deputados do PP lucense no Congreso -Jaime De Olano, Francisco Conde e Cristina Abades- esixen explicacións ao Goberno de Sánchez ante unha das “discriminacións” ás que somete á Mariña, como é a que supón que os usuarios do tren de ancho métrico teñan que pagar mentres que en Asturias e Cantabria disfrutan da gratuidade nos abonos.

O mariñán Jaime De Olano advirte que “se prolonga no tempo sen ningún tipo de interese por parte do Goberno de Sánchez por corrixir esta situación”. Nese sentido, os deputados lucenses diríxense ao Executivo para que responda por escrito sobre os motivos polos que os usuarios do tren de ancho métrico nas provincias de Lugo e A Coruña non disfrutan da gratuidade dos abonos que sí disfrutan os usuarios de Asturias e Cantabria.

Os representantes do Partido Popular chaman a atención sobre esta situación derivada da compensación por parte do Estado ao Principado de Asturias e á Comunidade Autónoma de Cantabria polo atraso na entrega de material rodante previsto para o 2023, caso coñecido polos trens que non entraban nos túneles. A pesar de que afecta directamente á liña ao seu paso polas provincias de Lugo e A Coruña, Galicia non conta con esa mesma medida de compensación por parte do Goberno de Sánchez.

Os populares teñen pedido en reiteradas ocasións, “sen que o Goberno de Sánchez amosara ningún tipo de sensibilidade con Galicia e A Mariña, corrixir o agravio con respecto aos veciños asturianos e cántabros” porque “mentres eles poden viaxar de forma gratuíta, os da Mariña e Ortegal teñen que pagar”.

Así mesmo, ante o progresivo deterioro, os continuos incidentes -avarías ou atrasos- as queixas polas deficiencias -recortes en persoal, modernización da rede ou a supresión de servizos e frecuencias-, dende o PP lucense teñen reivindicado “un servizo de calidade”; ademais da modernización da liña entre Ribadeo e Ferrol que “non está electrificada”.

AGRAVIOS A GALICIA CO CONSENTIMENTO DO PSDEG E BNG

De Olano incidiu nos “continuos agravios que sofre Galicia, a provincia de Lugo e A Mariña” que é “un proceder habitual do Goberno de Sánchez que só se dedica a contentar aos seus socios independentistas”.

Así, o portavoz do Grupo Popular na Comisión de Economía, afea que “os socialistas galegos e os nacionalistas aplaudan a Sánchez en lugar de defender a Galicia” toda vez que “a proposta de condonación da débeda autonómica en realidade suporía asumir preto de 600M€ máis de débeda ao ter que asumir a estatal. Que non traten de enganarnos”.

De Olano engade que “o máis sorprendente é que Besteiro e Pontón queiran endosar 220 € de débeda a cada lucense, a cada galego, para pagar as débedas de Sánchez cos independentistas”.

Exit mobile version