Os concelleiros do PP explican, ademais, que “non hai tubaxes para desaugar a auga das cunetas que corre ata acumularse nas zonas máis baixas asolagando fincas particulares”
Os populares expuxeron no último pleno as queixas dos veciños e veciñas, pero a resposta do goberno local foi que xa se estaban levando a cabo reparacións. Con todo, os concelleiros do PP inciden en que “as reparacións superficiais non son suficientes” porque “se limitaron a aplicar unha capa de zahorra que se dispersa co paso dos vehículos e coa acción da auga”.
É máis, “se os traballos non inclúen a aplicación dun pavimento máis resistente á auga nin tarefas para corrixir o problema que está a ocasionar o deterioro da calzada como é o fluxo de auga que discorre por riba; o que se está a facer é malgastar recursos económicos porque a problemática existente se volverá a repetir”.
Os concelleiros do PP explican, ademais, que “non hai tubaxes para desaugar a auga das cunetas que corre ata acumularse nas zonas máis baixas asolagando fincas particulares”. É por iso polo que insisten nunha solución eficaz que evite que a situación se volva repetir.
A situación agrávase na zona pola existencia dunha masa común que se atopa sen limpar, acumulando maleza.