Foi unha das primeiras propostas que fixo a Portavoz Socialista de Xove, Rogelia Mariña, nesta lexislatura.
“Por fin parece que se vai atender esta demanda, que aínda que tarde no tempo valorámola positivamente, agardando que esté axiña funcionando, ben atendida e supervisada”.
“Nunca é tarde, pero hai que lembrar que nestes últimos 40 anos de bonanza económica en Xove, o abandono dos nosos maiores por parte dos gobernos do PP foi total”, engaden.