Frustrantes 4 goles por minuto das locais, que as nosas Pícaras non logran combatir tras un partido no que se mantiveron por riba do marcador durante case os 36 minutos
Competida primeira parte na que comeza presionando o Burela, aínda que o Melilla responde rápido e comeza a igualar o nivel a medida que avanza o tempo, chegando a portería en tres ocasiones nos primeiros 4 minutos, boa parada de Ana Eliza no minuto 2. Boa intervención de Bía da Silva que desvía a córner un disparo afastado de Emilly no minuto 7. Falta perigosa no minuto 9 que saca Amandinha dende o bordo da área e que defende ben Burela efectuando a posteriori un bo contraataque que frustra Bía da Silva tras unha boa combinación entre Dany e Cami que dispara atopándose á porteira brasileira. Chega o primeiro do conxunto burelense no minuto 11, un afortunado gol que Lydia mete en propia porta nun saque de banda de Cilene que busca a Dany na área, pero que remata golpeando o pé de Lydia e afortunadamente entrando na portería local. Falta perigosa que lanza Emilly cun pase cruzado a Dinha que efectúa un meticuloso disparo raso que desvía Ana Luiza co pé case na liña de meta. Ocasión clarísima para Burela no minuto 18 nunha boa recuperación de Dany que contraataca combinando ben con Noelia Montoro pero rematando a xogada rozando o pau. Último minuto delirante antes do descanso, o Melilla logra empatar cun golazo de Amandinha que sorprende tanto á defensa burelense como a Ana Eliza cun disparo longo moi preciso que entra xunto ao pau e segundos despois Cilene logra poñer por diante o marcador de novo aproveitando un rexeite tras un disparo de Dany, que protagoniza un cara a cara con Bía da Silva tras un erro en defensa do conxunto local, pero que esta desvía atopándose a Cilene que fusila a portería e leva ao descanso ás nosas pícaras cun 1-2 no marcador.
Falta perigosa nos primeiros minutos da segunda parte que lanza Jane e pega contra a barreira burelense. Presionan ambos conxuntos de forma intermitente e boa ocasión para as locais no minuto 25 nun saque de falta perigoso preto da área que finaliza Ana Luiza por encima da portería. Dobre ocasión clarísima de Emilly no 26 que frustra a porteiraza do conxunto melillense que está facendo un partido de 10 como habitualmente. Outro boísimo remate de Emilly no 27 que sae por riba da portería nunha xogada individual brillante de principio a fin. Recupéraa un minuto despois e volven perder unha ocasión que Débora non consegue rematar na área, atopándose coa cancervera brasileira. Empata o Melilla no 31, nunha falta perigosa que saca Amandinha e métea cun disparo directo que dá en Ana Eliza pero acaba entrando na portería. Volve adiantar o marcador Emilly catro minutos despois cun golazo despois dunha recuperación de Dinha en media pista e pase á crack brasileira que chega a portería con facilidade e executa un disparo imparable, pero segundos despois as locais volven empatar cun golazo de Ana Luiza que a coa entre as pernas de Ana Eliza nunha boa xogada de pivote. Comeza un final de partido costa arriba para as nosas Pícaras tras cometer a sexta falta e anotar Amandinha o 4-3 no dobre penalti e o posterior 5-3 na segunda presión de 5, con Cilene de porteira-xogadora, das de Julio Delgado, na que Jane recupera o balón e anota a portería baleira. A poucos segundos do asubío final Jane recupéraa en media pista unha vez máis, noutra presión de 5 do Burela e anota o sexto, sentenciando o partido.
Non conseguiron puntuar esta vez as nosas Pícaras en Melilla, ante un equipo moi competitivo que soubo darlle a volta ao encontro remontando nos últimos minutos do partido e concluíndoo cun resultado moito máis avultado do que se merecía. O Melilla CD Torreblanca consegue asentarse nesa primeira posición da táboa con 54 puntos e o Burela mantense segundo empatado co Futsi a 49 puntos, á espera do resultado do partido desta xornada na que o conxunto madrileño se enfrontará ao MRB Móstoles FSF en Móstoles ás 18.30h e que podería adiantar ao conxunto de Joan Linares á segunda posición, poñendo ás mariñás no terceiro.
O vindeiro sábado ás 18.45h o CD Burela FS – Ourense Ontime será o segundo partido dunha Tarde Laranxa na que os nosos pícaros tamén xogarán en Vista Alegre á 13.00h ante o Córdoba Patrimonio da Humanidade.
Ficha Técnica Melilla CD Torreblanca 6-3 CD Burela FS
Melilla CD Torreblanca (6): Bía da Silva; Ana Luiza, Amandinha, Juliana, Bía Souza -quinteto inicial-, Jane, Silvina, Nega, Lydia. Entrenador: Morenín.
CD Burela FS (6): Ana Eliza; Dany, Dinha, Cami, Emilly -quinteto inicial-, Antía Pérez, Noelia Montoro, Débora, Carolina Pedreira, Cilene. Entrenador: Julio Delgado.
Goles: 0-1, min. 11: Lydia (PP), 1-1, min.20: Amandinha. 1-2, min.20: Cilene. 2-2, min. 31: Amandinha. 2-3, min. 35: Emilly. 3-3, min. 36: Ana Luiza. 4-3, min.37: Jane. 5-3, min. 38: Jane. 6-3, min. 40: Bia Souza.
Árbitros: Héctor Mayo López, Carlos Panadero Díaz-Concha, Hamza Ben Damman Ibraham, Leticia María Góngora Buezo.
TA: Por parte do Melilla, Tomás Galindo Domínguez (delegado) e Amandinha. Por parte do Burela, Débora.