Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Perdouro de Burela participa na XVI edición da Olimpíada de Xeoloxía

Burela, 13 de febreiro, 2025. O mércores12 de febreiro celebrouse a XVI edición da Olimpíada de Xeoloxía. Oito estudantes do IES Perdouro acompañados de dous docentes estiveron en San Sadurniño e no xeoparque do Cabo Ortegal para participar na fase galega.

Durante a mañá realizaron unha xincana xeolóxica e logo unha proba teórica tipo test. Pola tarde percorreron lugares de interese xeolóxico polo Xeoparque de Cabo Ortegal acompañados de Fran Canosa, xeólogo e recoñecido divulgador.

Os contidos das probas versaban sobre cuestións relacionadas coa mineraloxía, a paleontoloxía, o tempo en xeoloxía, a estratigrafía, a xeodinámica, a xeoloxía de España, a xeoplanetoloxía, as ameazas naturais asociadas á actividade xeolóxica e os recursos xeolóxicos de interese económico ou estratéxico.

Grazas ao esforzo de alumnado e profesorado, conseguiron os seguintes recoñecementos na olimpíada:

– Accésit ao mellor participante de 4° ESO: Hugo Lorenzo Basanta do IES Perdouro

– Mellor Grupo da fase galega (formado por alumnado de 1º e 2º de Bacharelato do IES Perdouro): David Baltar Pernas, Pablo Casas Iglesias, Adrián Díaz Urbano, Hugo Gorgojo Basanta

– 1° clasificado e un dos dous representantes galegosara a fase nacional:
Hugo Gorgojo Basanta, alumno de 2º de Bacharelato do IES Perdouro.

A fase nacional terá lugar o 5 de abril, en Tremp (Lleida) e a internacional celebrerase do 7 ao 17 de agosto en Ji’ning (China).

Exit mobile version