
Alí, salientou o papel deste evento como dinamizador do sector cárnico galego e a súa contribución á hora de xerar emprego no rural. Ademais, o director da Axencia destacou a gran calidade dos produtos agroalimentarios galegos, neste caso o butelo, un produto tradicional da gastronomía galega. Este ano, a Feira do Butelo da Fonsagrada reúne a máis de 60 expositores nos que ademais de produtos cárnicos, tamén se poden atopar outros como queixos, meles ou doces, entre outros.