Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro renovará o barrio do Conexo co plan único da Deputación

Viveiro, 28 de febreiro de 2025. O Concello de Viveiro reporá o pavimento e os servizos da avenida de Santiago, no barrio do Conexo, con cargo ao Plan Único da Deputación de Lugo. A obra terá un importe de 189.261,61 euros.

O proxecto permitirá a mellora da urbanización doesta zona da parroquia de Covas, acceso principal a varios núcleos de poboación, e a substitución dos servizos urbanos existentes.

Dada a antigüedade do vial e o elevado tráfico que soporta, tanto o firme de rodadura como os servizos atópanse deteriorados. Mellorarase a rede de saneamento, dotarase dunha nova rede de abastecemento e pintaranse de novo as marcas viais.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, sinala que “esta actuación evitará as continuas reparacións que estan sendo necesarias ata o momento nesta zona, garantindo un bo servizo e funcionamento”.

Exit mobile version