Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro instalará 10 vitrinas informativas nas parroquias rurais

Trátase dunha iniciativa para achegar a información municipal á veciñanza e dinamizar a vida comunitaria

Viveiro, 25 de marzo de 2025. Co obxectivo de mellorar a comunicación coas parroquias rurais e dinamizar a súa vida social e cultural, o Concello de Viveiro, a través da Tenencia de Alcaldía e a Área de Medio Rural, pon en marcha o proxecto “Vitrinas Informativas para o Rural Viveirense”. Unha iniciativa que permitirá a instalación de 10 vitrinas informativas en diferentes puntos estratéxicos do municipio.

Estas vitrinas colocaranse en espazos de referencia para a comunidade, como antigas escolas, facilitando o acceso da veciñanza á información municipal e servindo como soporte para a difusión de actividades, eventos e anuncios das asociacións locais.

Este proxecto conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía e da Área de Medio Rural do Concello de Viveiro, así como da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Os lugares de instalación das vitrinas serán:

Landrove (Vial 778)
Chavín (Vial 1110)
Valcarría (Vial 1063)
San Pedro (Escola vella)
Magazos (Escola vella)
Xunqueira (Vial 161)
Galdo (Escola vella)
Vieiro (Escola vella)
Celeiro (Escola vella)
Faro (Escola vella)

Esta iniciativa responde “á necesidade de fortalecer a conexión entre o Concello e as parroquias rurais, onde a dispersión poboacional dificulta o acceso á información. As vitrinas permitirán reforzar o tecido asociativo, promover as actividades locais e dar visibilidade ao sector primario, poñendo en valor a importancia da agricultura e da gandaría no desenvolvemento económico e social de Viveiro”, explicaba Miriam Bermúdez, tenente da alcaldesa.

Exit mobile version