“Nos Xardíns Noriega Varela plantáronse catro novas árbores, mentres que na rúa Urban foron engadidas tres. Tamén se colocaron dúas árbores en Travesía, unha na contorna da estación de autobuses e dúas no Centro Comarcal. Ademáis, no Centro de Saúde está prevista a plantación de entre catro e cinco exemplares”, explica Miriam Bermúdez, tenente da alcaldesa.
Por outra banda, na zona da piscina municipal e na estrada de Celeiro instaláronse nove árbores. Aínda que, tal como explica a tenenta, “en algúns casos, a colocación viuse dificultada pola presenza de tocos verdes que non puideron ser retirados por completo”, engade.
Segundo Bermúdez, “esta actuación enmárcase dentro da estratexia da Tenencia de Alcaldía para a mellora dos espazos verdes, apostando pola sustentabilidade e a recuperación da masa arbórea na cidade”, explica.