Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Vilalba procede á renovación do vial que une o Cal da Pena, Vilariz e o Carboeiro, na parroquia de Oleiros

Vilalba, 26 de Febreiro de 2025. O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a renovación do vial que une o Cal da Pena, Vilariz e o Carboeiro, na parroquia de Oleiros.

O custe desta nova rexeneración completa foi de 34.415€ e a obra consistíu na renovación total do firme de todo o tramo comprendido entre a estrada de titularidade provincial LU-P-6510 ao seu paso por Oleiros ata o límite da parroquia co veciño Concello de Cospeito.

Renda contextualizou a gran importancia desta nova actuación por tratarse dun vial “fundamental para as conexións desta parroquia” e avanzou que dende o Concello se están a preparar xa novas actuacións na súa contorna.

Exit mobile version