Segundo explicou o alcalde, Rubén García, “con esta actuación queremos mellorar a área da Choza, renovando mesas, papeleiras, varandas e diferentes instalacións, garantindo así un espazo máis accesible e en mellores condicións para veciños e visitantes”.
A convocatoria desta axuda foi publicada onte, xoves, en réxime de concorrencia non competitiva, o que implica que as solicitudes se conceden por orde de entrada ata esgotar o crédito dispoñible. O Concello de Trabada presentou a súa solicitude hoxe ás 12:02, apenas dous minutos despois da apertura do prazo.
Rubén García destacou a importancia de contar cunha planificación previa para poder acceder a este tipo de subvencións: “Estas axudas requiren unha resposta inmediata, xa que en poucos minutos o crédito esgótase. Grazas a un traballo previo podemos presentar as solicitudes con rapidez e optar a estas importantes axudas para mellorar o noso municipio”.
O Concello de Trabada continúa así apostando pola mellora das súas infraestruturas e espazos naturais, coa vista posta no desenvolvemento turístico sostible e na mellora da calidade de vida dos seus veciños e visitantes.