O alcalde de Foz, Fran Cajoto, ponse a disposición de todos os veciños do concello para facilitar a información que precisen: “desde o pasado venres vimos facendo copias de planimetría e fichas descritivas das fincas expropiadas a aqueles afectados que o requiriron. As fincas expropiadas corresponden principalmente aos barrios da Baesta, en Vilaronte, e o Carme, en San Martiño, así como os montes entre estas dúas zonas ata chegar ao río Masma, atravesado cun viaduto augas arriba da Finca A Goleta”.