Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo colabora co Club Deportivo San Ciprián coa adquisción dun novo vehículo

En concreto, a axuda ascendeu a 16.000 euros para a compra dunha furgoneta

Cervo, 22 de febreiro, 2025. O Concello de Cervo vén de colaborar co Club Deportivo San Ciprián coa adquisición dun vehículo que supuxo un investimento de 16.000 euros e que é un medio de transporte moi necesario para os integrantes do club integrado por diferentes modalidades e seccións.

A alcadesa precisou que esta nova furgoneta entendemos que é unha ferramenta esencial para o desenvolvemento das actividades do club, e reflexa tamén o compromiso do noso Concello co Deporte.

Entendemos -afondou- que detrás deste club hai un traballo constante e tamén ás veces moitas necesidades. Unha delas, e ademais moi importante, era poder contar cun medio de transporte adecuado para trasladar aos deportistas, e o seu material aos diferentes puntos de competición.

Polo que a axuda para adquirir esta furgoneta é unha inversión entendemos de presente e tamén de futuro para este club.

En palabras da alcaldesa “o deporte é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento persoal e social, e por iso seguiremos traballando para apoiar a todas as entidades deportivas do noso Concello”.

Exit mobile version