Cervo, 14 de febreiro de 2025. O Concello de Cervo acomete estes días traballos de mellora no parque infantil da Senra.
A rexedora, Dolores García Caramés, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, supervisaron a actuación, acompañados de membros da asociación cultural e recreativa O Raxal, que supón un investimento que supera os 13.000 euros, todos eles procedentes de fondos municipais.
Tal e como precisou a alcaldesa, para o concello é fundamental traballar para manter nas mellores condicións todos os espazos públicos e zonas de esparexemento da veciñanza, e esta actuación responde a ese obxectivo de incidir na conservación destas zonas destinadas ao desfrute de todos/as.