Os mariñanos pelexaron os 40 minutos ante un Palma superior, que non permiteu nin perdoou
Comeza o partido coas primeiras ocasións para o equipo local que arrinca con forza. No minuto 2 o Burela xa encaixa o primeiro gol, un disparo de Ernesto que a recupera en cancha rival e métea cun disparo afastado. Mantense a defensa visitante con poucas ocasións pero non deixando puntuar aos locais e no minuto 11 chega o segundo, un gol de Fabiano nun disparo raso directo de falta que se coa entre a barreira laranxa e entre as pernas de Michal. Continúa tentando reverter a situación o Burela cuns minutos nos que conseguen ser máis ofensivos e no minuto 16 unha man xera unha falta perigosa que dispara Juninho e detén Luan Muller, pero escápaselle o balón e Pitero aproveita a ocasión burlando á defensa e meténdoa na portería local, anotando o primeiro para os mariñáns e recortando distancias. Pero a dous minutos do descanso Fabinho volve anotar cun golazo por toda a escuadra tras recortar a Rikelme ao bordo da área.
No segundo tempo comeza tentándoo Isma cunha primeira ocasión para o conxunto dos de David Rial, un Burela que sae moi concentrado nesta segunda parte. Varias oportunidades nos primeiros minutos, clarísima no minuto 24 no que Alberto saca de esquina cruzando a cancha ata Juninho que dispara pero Luan Muller despéxaa a corner de novo. Bos minutos para o Burela pero un pequeno erro pasa factura ante un equipo-titán que anota o cuarto no minuto 25 cun pase da morte de Ernesto a Charuto. Non se rende o Burela e continúa tentando entrar no partido con moita máis posesión que na primeira parte e xerando máis ocasións. Case a mete Juninho de tacón no 28 tras un pase afastado de Charly que remata o xogador brasileiro con tan mala fortuna que dá no pau. Continúan crecendo os mariñáns e conseguen o segundo, un golazo do capitán da selección chilena, Bernardo Araya, que a coa en portería rival tras unha boísima recuperación e asistencia de Charly. Pero dous minutos despois e notándose o cansazo dos xogadores do plantel laranxa chega o quinto tanto dos mallorquinos nun pase ao segundo pau de Mateus Maia a Gordillo que a empuxa dentro da portería. Saca o porteiro-xogador o técnico santiagués nos últimos minutos xerando algunha ocasión pero ante unha férrea defensa local que non permite achegarse no marcador aos nosos Pícaros, que regresan a casa sen puntos pero preparados para outro complicado partido este sábado en Vista Alegre fronte ao primeiro clasificado da táboa, o Movistar Inter, ás 18.00h.
Ficha Técnica Illes Balears Palma Futsal 5-2 CD Burela FS
Illes Balears Palma Futsal (5): Luan Muller; David Peña, Neginho, Ernesto, Charuto -quinteto inicial-, Gordillo, Marcelo, Fabinho, Rivillos, Machado, Bruno Gomes, Mateus Maia e Nil. Entrenador: Antonio Vadillo.
CD Burela FS (2): Kaluza; Araya, Rikelme, Isma, Charly -quinteto inicial-, Pitero, Juninho, Alberto, Marc Campàs e Quelle. Entrenador: David Rial.
Goles: 1-0, min. 2: Ernesto. 2-0, min. 11_ Fabinho. 2-1, min.16: Pitero. 3-1, min.18: Fabinho. 4-1, min. 25: Charuto. 4-2, min. 32: Araya. 5-2, min.34: Gordillo.
Árbitros: Jairo Leiva Martínez, David Pizarro Megías, Diego Martínez García, Sandra Santos Arranz.