Os mariñanos pelexaron os 40 minutos ante un Palma superior, que non permiteu nin perdoou
Burela, 19 de febreiro, 2025. O Burela FS disputou ás 20.00h desta tarde o encontro da xornada 18 da 1ª División de Fútbol sala ante o coloso Illes Balears Palma Futsal no Son Moix cun resultado final 5-2. Dos encontros máis duros do ano, nun trepidante mes de febreiro no que teremos dous partidos por semana. Primeira parte dura para un Burela que tentou crear ocasións pero ao que lle foi difícil atoparse na pista rival e unha segunda parte moi diferente para o conxunto mariñán que, aínda que permite en certas ocasións encaixando máis goles dos que debería, fai fronte a un Palma con moitas rotacións a pesar do cansazo tras unha longa viaxe no mesmo día e xerando numerosas e boas ocasións con bastante mala sorte e momentos puntuais que penalizaron a un equipo que sempre mostra a súa versión máis pasional ata o último minuto.
Comeza o partido coas primeiras ocasións para o equipo local que arrinca con forza. No minuto 2 o Burela xa encaixa o primeiro gol, un disparo de Ernesto que a recupera en cancha rival e métea cun disparo afastado. Mantense a defensa visitante con poucas ocasións pero non deixando puntuar aos locais e no minuto 11 chega o segundo, un gol de Fabiano nun disparo raso directo de falta que se coa entre a barreira laranxa e entre as pernas de Michal. Continúa tentando reverter a situación o Burela cuns minutos nos que conseguen ser máis ofensivos e no minuto 16 unha man xera unha falta perigosa que dispara Juninho e detén Luan Muller, pero escápaselle o balón e Pitero aproveita a ocasión burlando á defensa e meténdoa na portería local, anotando o primeiro para os mariñáns e recortando distancias. Pero a dous minutos do descanso Fabinho volve anotar cun golazo por toda a escuadra tras recortar a Rikelme ao bordo da área.
No segundo tempo comeza tentándoo Isma cunha primeira ocasión para o conxunto dos de David Rial, un Burela que sae moi concentrado nesta segunda parte. Varias oportunidades nos primeiros minutos, clarísima no minuto 24 no que Alberto saca de esquina cruzando a cancha ata Juninho que dispara pero Luan Muller despéxaa a corner de novo. Bos minutos para o Burela pero un pequeno erro pasa factura ante un equipo-titán que anota o cuarto no minuto 25 cun pase da morte de Ernesto a Charuto. Non se rende o Burela e continúa tentando entrar no partido con moita máis posesión que na primeira parte e xerando máis ocasións. Case a mete Juninho de tacón no 28 tras un pase afastado de Charly que remata o xogador brasileiro con tan mala fortuna que dá no pau. Continúan crecendo os mariñáns e conseguen o segundo, un golazo do capitán da selección chilena, Bernardo Araya, que a coa en portería rival tras unha boísima recuperación e asistencia de Charly. Pero dous minutos despois e notándose o cansazo dos xogadores do plantel laranxa chega o quinto tanto dos mallorquinos nun pase ao segundo pau de Mateus Maia a Gordillo que a empuxa dentro da portería. Saca o porteiro-xogador o técnico santiagués nos últimos minutos xerando algunha ocasión pero ante unha férrea defensa local que non permite achegarse no marcador aos nosos Pícaros, que regresan a casa sen puntos pero preparados para outro complicado partido este sábado en Vista Alegre fronte ao primeiro clasificado da táboa, o Movistar Inter, ás 18.00h.
Ficha Técnica Illes Balears Palma Futsal 5-2 CD Burela FS
Illes Balears Palma Futsal (5): Luan Muller; David Peña, Neginho, Ernesto, Charuto -quinteto inicial-, Gordillo, Marcelo, Fabinho, Rivillos, Machado, Bruno Gomes, Mateus Maia e Nil. Entrenador: Antonio Vadillo.
CD Burela FS (2): Kaluza; Araya, Rikelme, Isma, Charly -quinteto inicial-, Pitero, Juninho, Alberto, Marc Campàs e Quelle. Entrenador: David Rial.
Goles: 1-0, min. 2: Ernesto. 2-0, min. 11_ Fabinho. 2-1, min.16: Pitero. 3-1, min.18: Fabinho. 4-1, min. 25: Charuto. 4-2, min. 32: Araya. 5-2, min.34: Gordillo.
Árbitros: Jairo Leiva Martínez, David Pizarro Megías, Diego Martínez García, Sandra Santos Arranz.