Partidazo no Anaitasuna con dobrete de Juninho e moito carácter por parte dun desafiante Burela que non puntuou pero que soubo competir
Primeira parte con 10 minutos para o conxunto local e 10 para os burelenses, conseguindo irse ao descanso con empate tras dominar o partido con moita contundencia durante esta segunda parte da primeira metade. Anota o primeiro tanto Pachu no minuto 3, cun disparo cruzado no bordo da área tras unha recuperación e pase de Ligeiro. Sucédense as ocasións por parte de ambos os equipos cun Xota máis ofensivo nos primeiros minutos e un Burela que mantén a defensa, pero cambia o rumbo do partido e aumentan as opcións dos mariñáns, que buscan o gol con varias ocasións frustradas por Asier Llamas, como un disparo de Araya no minuto 10 tras unha bonita parede con Alberto. Chega o empate no minuto 14 cun golazo de Juninho nunha boa xogada con porteiro que remata cun coidado pase cruzado de Charly e o trallazo do brasileiro que fusila a portería rival. Outra ocasión clarísima de Charly no 19 que saca coas mans Asier, un disparo cruzado nunha boa transición e combinación con Araya. Moita posesión do conxunto de David Rial nos próximos minutos ata o descanso, que acaba dominando o partido e case non deixando tocar o balón ao conxunto local nos últimos minutos deste primeiro tempo.
Arrinca a segunda parte de forma similar á primeira, dominio do Osasuna Magna que aperta a un Burela que salva bastantes situacións de perigo, menos unha; chega o segundo no minuto 22 cun disparo desde a área de Korsun nun erro de saída do Burela que perde o balón preto da área. Pau de Pitero no minuto 26 tras un pase longo milimétrico de Michal e outra ocasión clarísima no 28 con outro pau de Pitero nunha boa combinación con Alberto e Isma. Salva Kaluza un disparo directo potentísimo de Juninho nunha falta moi perigosa, a segunda do Buela. Iguálase o partido nesta segunda parte, con ocasións claras por parte de ambos os conxuntos. Chega o empate no minuto 37 cun gol de Juninho que vence a Asier baixo os paus da portería rival despois de recibir un impecable pase de Alberto. Pero presiona o conxunto de Miguel Hernández con xogo de 5 con Korsun de porteiro-xogador que consegue anotar na primeira xogada e adiantar de novo o marcador. Responde David Rial tamén con xogo de 5 pero remátase o encontro sen conseguir empatar de novo o partido, non sen tentalo con dúas ocasións nas dúas xogadas con Isma de porteiro-xogador.
Non puido ser nesta ocasión aínda que o Burela mantén a súa novena praza na táboa a espensas do que ocorra mañá co Córdoba Patrimonio da Humanidad que, a dous puntos dos nosos Pícaros, xogarase ese noveno posto mañá ante o Ribera Navarra na casa. Mesmo rival que visitará o vindeiro sábado Vista Alegre, nunha nova loita por esta novena posición na táboa, nun partido que se celebrará á 13.00h e que será o primeiro dunha Tarde Laranxa na que as nosas Pícaras se enfrontarán ao Ourense Ontime ás 18.45h.
Ficha Técnica CA Osasuna Magna 3-2 CD Burela FS
CA Osasuna Magna (3): Asier Llamas; Toni Escribano, Ion Cerviño, Pachu, Ligeiro -quinteto inicial-, Andrés Geraghty, Roberto Martil (C), Dani Saldise, Juninho, Josu Mendive, Korsun, Kokoro. Entrenador: Miguel Hernández.
CD Burela FS (2): Kaluza; Araya, Rikelme, Isma (C), Alberto -quinteto inicial-, Charly, Juninho, Pitero, Quelle, Marc Campàs. Entrenador: David Rial.
Goles: 1-0, min. 3: Pachu. 1-1, min. 14: Juninho. 2-1, min. 22: Korsun. 2-2, min. 37: Juninho. 3-2, min.38: Korsun.
Árbitros: Navarro Rodríguez-Villanueva, Sarabia Eguiluz, Urdánoz Apezteguía, Alfaro Marquina.
TA: Por parte del Xota, Toni Escribano, Ion Cerviño, Andrés Geraghty, Jesús María Sanguesa San Miguel, Asier Llamas e Pachu. Ninguna por parte del Burela.