“Instaurar e manter uns hábitos de vida saudábeis é imprescindíbel para acadar e conservar un bo estado de saúde” afirmou Montse Valcárcel
Lugo, 21 de febreiro de 2025. A parlamentaria do BNG Montse Valcárcel ven de reunirse co colexio de nutricionistas e con nutricionistas afectas polo recorte que o Sergas vai levar acabo a partir do 28 de febreiro nos postos de nutricionista en atención primaria , para expoñer este tema no Parlamento ven de presentar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galiza para demandar á Xunta a restitución das 95 prazas de nutricionistas que o SERGAS reduciu pasándoos a 45 para todo o país A deputada nacionalista Montse Valcárcel advirte nas preguntas e proposición non de lei rexistradas que “ instaurar e manter uns hábitos saudábeis é imprescindíbel para acadar e conservar un bo estado de saúde”
A parlamentaria nacionalista explica que o Sergas creou fai dous anos a categoría de nutricionista en Atención Primaria que, ata agora non existía nese nivel asistencial, “ son postos creados con fondos europeos e aos profesionais que os ocupan cesarannos o vindeiro 28 de febreiro”. A partir dese momento crearanse vacantes pero reducindo de 94 a 45 os postos para todo o país.
Na provincia de Lugo deixarán de ser quince para exercer só seis, algo que se considera de gravidade desde o grupo parlamentar do BNG. O que implicará ter que desprazarse por toda a provincia supoñendo un gasto a maiores, por por exemplo a persoa que ten o seu posto na cidade de Lugo tamén terá que desprazarse ata O Corgo e a Fonsagrada
Con esta redución farase unha redución dos días de consulta en cada centro de saúde o que implica unhas listas de espera mais longas o que implica un empeoramento na calidade asistencial.
Por iso dende o BNG lle preguntamos á Xunta de Galiza “que ten pensado facer para paliar o problema que vai supoñer a perda de nutricionistas na Seguridade Social na provincia de Lugo” remata Montse Valcárcel