Apenas 30 granxas en toda a provincia recibiron as axudas da última convocatoria, publicada a finais de xaneiro
A formación nacionalista presentará no vindeiro pleno provincial -o martes 25 de febreiro- unha moción con esta demanda, na que denuncia “a falta de compromiso por parte do goberno co sector no seu conxunto e, nomeadamente, coas granxas que se viron obrigas a facer en moitos casos proxectos técnicos e asumir múltiples gastos para concorrer ás axudas”.
A resolución das axudas, publicadas o pasado 29 de xaneiro, deixa fóra das axudas 434 granxas, fronte as 180 que recibirán as axudas, apenas unhas 30 en toda a provincia de Lugo.
Ademais da convocatoria dunha nova orde con dotación orzamentaria suficiente, a moción reclama introducir criterios redistributivos que eviten a concentración das axudas en menos perceptores ou priorizar granxas con diversificación produtiva e sociedades famliares que incorporen ao seu fillo ou filla.