Durante o emotivo encontro, o rexedor trasladoulle o agarimo de todo o municipio, destacando a importancia de celebrar a vida e a experiencia das persoas maiores: “É unha honra para o Concello de Trabada compartir este momento tan especial con Tomasa. O seu século de vida é testemuño da nosa historia e do noso sentir comunitario. En nome de toda a veciñanza, desexámoslle moitísima felicidade e saúde”, sinalou Rubén García. Como mostra de recoñecemento, a concelleira e o alcalde fixeron entrega a Tomasa dunha placa conmemorativa e dun ramo de flores. Desde o Concello de Trabada destacan o compromiso de seguir a render homenaxe ás persoas maiores, verdadeiros alicerces da identidade e da memoria colectiva do municipio.
