O Valadouro, 25 de febreiro, 2025. A Asociación cultural e xuvenil “Ó compás do Río Ouro” formada por nais e pais nace para levar a cabo principalmente unha escola de música no Valadouro. Conta co apoio do concello, que proporciona un local para poder dar as clases de música e o respaldo da empresa Soilar, dirixida por Francisco Javier García Canto, coa totalidade do profesorado da Mariña.
A data prevista do comezo das clases é o 10 de marzo. Cúbriranse todos os instrumentos: vento metal, vento madeira, percusión, guitarra, piano, violín, etc. Contará coas seguintes agrupacións: coro, banda, orquestra e combo rock (banda de rock).
As clases no presente curso serán os luns, mércores e venres en horario de tarde. En maio prograraranse os horarios e inscripcións do vindeiro.
Porén se alguén se quere apuntar para empezar agora son benvidos : nenos e adultos (todas as idades). Neste momento contan con 22 alumnos matriculados con idades comprendidas entre 5 e 20 anos.