María José Gómez explicou que estes proxectos teñen unha repercusión “moi positiva” sobre o tecido social e económico das zonas rurais, mellorando as condicións para crear e manter emprego
A iniciativa foi impulsada polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Comarca de Lugo, que opera nesta contorna, no marco da medida Leader. Neste sentido, a conselleira salientou o traballo levado a cabo polos GDR, aos que definiu como “axentes clave” para a posta en valor do territorio e a execución deste programa europeo, que procura impulsar o desenvolvemento rural a través dunha estratexia participativa, baseada nun enfoque de abaixo cara arriba, garantindo a participación activa dos principais axentes locais.
María José Gómez sinalou que este tipo de actuacións supoñen “un punto de inflexión” para as persoas que viven nas contornas rurais, fomentando a dinamización social da zona ao tratarse dun dos lugares de reunión de referencia para a veciñanza desta localidade.
A conselleira asegurou que estes proxectos teñen unha repercusión “moi positiva” sobre estas zonas rurais, xa que contribúen a mellorar as condicións para crear e manter emprego e á dinamización do tecido socioeconómico, impulsando a súa economía con proxectos de traballo que asentan poboación.
Neste sentido, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural vén de asinar un novo convenio de colaboración cos GDR para a aplicación de Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo que conta cun orzamento de 56,9 millóns de euros ata 2027. Deste investimento uns 17,6 millóns de euros destinaranse a gastos de funcionamento dos propios GDR, que poderán dispoñer dos medios humanos e materiais necesarios para desempeñar as súas funcións de dinamización territorial.
Por outra banda, os 39,6 millóns de euros adicionais serán para as operacións a terceiros, que se executarán a través de diferentes liñas de axudas. Así, os GDR poderán impulsar medidas relacionadas con sectores como o agroalimentario, gandeiro, forestal, turístico, ambiental ou do pequeno comercio.
Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020
Mentres que o programa Leader estivo incluído no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 (actualmente enmárcase no Plan Estratéxico da Política Agraria Común 2023-2027) permitiunos aprobar case 1.500 proxectos, consolidar máis de 3.200 empregos e crear 933 novos. Deste xeito, mobilizáronse algo máis de 169 millóns de euros, cunha axuda pública de 77,5 millóns de euros para operacións a terceiros.