O proxecto contempla a demolición da actual solera e bordillo de formigón, que se atopa en mal estado, e a súa substitución por un novo pavimento de formigón impreso. Ademais, instalarase pavimento podotáctil en puntos estratéxicos para mellorar a accesibilidade e renovarase a rede de abastecemento, con case 30 acometidas que mellorarán o servizo nas zona.
A actuación que se está levando a cabo na LU-540 responde a unha demanda da veciñanza de Magazos e Xunqueira, que durante anos tivo que convivir co deterioro das beirarrúas e coas constantes avarías na rede de abastecemento de auga.
Con este proxecto, non só melloramos a accesibilidade e a seguridade peonil, senón que tamén renovamos un servizo básico esencial, garantindo un subministro máis eficiente e reducindo as incidencias que tanto afectaron á poboación.
“Desde o BNG fomos conscientes desde o primeiro momento das deficiencias que existían nesta infraestrutura e da importancia de solucionar este problema que afectaba a moitas familias”.
“Por iso, traballamos para conseguir esta mellora, que agora se fai realidade, demostrando unha vez máis o noso compromiso coa veciñanza e coa mellora das infraestruturas municipais”.
“O noso obxectivo é seguir transformando Viveiro para ofrecer espazos máis cómodos, accesibles e funcionais para todas as persoas”, remata Míriam Bermúdez.