O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “estamos ultimando os detalles deste gran evento deportivo, que se celebrará no pavillón da Avenida de Luarca o 14 de marzo ás 20:30 horas. Contaremos coa presenza de dous grandes deportistas, como son Iván Raña e Óscar Pereiro, aos que lles agradecemos a súa dispoñibilidade para poder acompañarnos nesa importante xornada”.
O edil ribadense contou que “imos premiar a 506 rapazas e rapaces de 16 modalidades deportivas, que son campións da Mariña, ou que acadaron podios provinciais ou galegos, ou que se atopan nos top 20 en campionatos de España. Queremos recoñecerlles o gran traballo e esforzo que hai detrás de cada unha desas medallas”.
Silvent aproveito para animar á cidadanía de Ribadeo a vivir de preto esta Gala do Deporte: “desde o Concello animamos ás veciñas e as veciños de Ribadeo a asistir a esta cita o vindeiro 14 de marzo para renderlles homenaxe aos nosos deportistas, a esas rapazas e rapaces que levan ata o máis alto o nome de Ribadeo”.
A Gala do Deporte de Ribadeo foi presentada hoxe. No acto participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e o técnico de Deportes, Iván López.