O Museo de Lugo expón desde este venres unha escolma de esculturas de José María Prieto (Viveiro, 1960), Andrés Clariana (Barcelona, 1973), Miguel Detrell (México DF, 1953) e Rubén González (Avila, 1975). Trátase dunha trintena de pezas da colección do Museo Tiflolóxico da ONCE que visibilizan a calidade artística dos seus creadores e permiten achegarse á arte desde unha perspectiva inclusiva. A deputada de Cultura, Iria Castro, inaugou esta maña a mostra nun acto no que participaron pesoas usuarias da ONCE e alumnado do CEIP Rosalía de Castro de Lugo.
![Inaugurada unha nova mostra tiflolóxica no Museo de Lugo, con esculturas do viveirense José María Prieto](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2025/02/IMG_9029-1024x768.jpg)