Site icon Crónica3.com A Mariña

Finalizada a sinalización do roteiro de sendeirismo “Peña La Pistola” en Navia

Navia, 6 de febreiro de 2025. O Concello de Navia completou a sinalización do roteiro de sendeirismo “Peña La Pistola”, un percorrido circular con inicio e fin na localidade de Anleo. Para esta acción que busca potenciar o turismo activo e poñer en valor os espazos naturais do municipio, realizouse un investimento de 7.989,48 euros, dos cales 5.000 euros foron subvencionados.

A alcaldesa de Navia, Ana Isabel Fernández, destacou a importancia desta actuación: “Facilitar el acceso y la orientación en nuestras rutas es clave para que tanto vecinos como visitantes puedan disfrutar de nuestro entorno natural. Además el deporte es un pilar fundamental en la identidad de Navia”.

O roteiro “Peña La Pistola” convida aos senderistas a descubrir paisaxes impresionantes e recunchos de gran valor natural. Ao longo do percorrido, podemos gozar de espectaculares vistas panorámicas e coñecer parte do patrimonio rural da zona.

Con esta iniciativa, Navia reafirma a súa aposta polo turismo sostible e o deporte ao aire libre, consolidándose como un destino ideal para os amantes da natureza e a aventura.

Exit mobile version