O Excmo. Concello de Mondoñedo lamenta o seu pasamento. Era fillo predilecto da cidade, artista recoñecido en toda Galicia pola súa extensa e icónica obra como deseñador, ilustrador, retratista, ceramista, grafista e muralista. Nado en Mondoñedo, vivía desde hai anos en Brión. A el se lle dedicou hai unhas semanas o Día da Ilustración.
