Reuniu a máis de 350 persoas para degustar un saboroso cocido con porco celta. O menú incluíu sopa, grelos, chourizo, garavanzos, costela, lacón, botelo, viño e empanada de mazá, todo servido nunha carpa climatizada e cun gran ambiente festivo e música. O alcalde, Dani Vega, tivo palabras de agradecemento para a organización: “grazas á asociación polo gran traballo e a excelente organización da festa, así como polo esforzo e dedicación de todos os días”. A xornada contou co apoio do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e da Raza Autóctona Porco Celta.
