Site icon Crónica3.com A Mariña

Espicha de sidra e foliada aberta no Xebra de Burela este sábado

O evento, de entrada libre, contará con petiscos, música e un bingo alternativo con produtos de artesanía

Burela, 13 de febreiro, 2025. Despois do obradoiro de elaboración de sidra do pasado outubro, o centro social Xebra! prepara a degustación pública deste zume, xa fermentado. Farao cunha foliada aberta para quen quixer participar, ademais da celebración dun bingo alternativo con premios de artesanía galega. O evento comezará ás 19:30 horas no local da rúa Leandro Cucurni, 9.

A espicha contará, tamén, con petiscos para o público e servizo de barra. A velada promete diversión, danza e convivio. Desde a organización convidan á veciñanza a se achegar e participar na actividade.

Exit mobile version