Site icon Crónica3.com A Mariña

Tras esgotarse as entradas para o espectáculo de Abraham Cupeiro en Viveiro, habilítase unha función adicional

Viveiro, 8 de febreiro, 2025. A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro amósase sorprendida ante a enorme acollida do espectáculo “O Son da Pedra” de Abraham Cupeiro, ao esgotarse a totalidade das entradas en apenas uns días. “É por iso que decidimos, en coordinación coa produción do artista, habilitar unha Función Adicional”.

A Xunta de Confrarías cualifica de éxito rotundo o feito de habilitar unha dobre función do espectáculo, englobado dentro dos actos do Programa de Difusión Cultural Adral que promove cada ano con diferentes actividades, concertos, conferencias etc.

A Función Adicional do espectáculo será o mesmo día, 29 de marzo de 2025 ás 18:00h. As entradas poderán adquirirse desde este luns día 10 ás 8:30h en liña en Ataquilla e desde a tarde fisicamente na Oficina de Turismo de Viveiro.

Exit mobile version