Site icon Crónica3.com A Mariña

Esgotadas as entradas anticipadas para as Alpuxarradas de Viveiro

O Concello informa de que só se poderán adquirir entradas no lugar do evento, o Teatro Pastor Díaz, o propio sábado 1 a partir das 19:30

Viveiro, 25 de febreiro de 2025. O Concello de Viveiro informa de que xa están agotadas as entradas antifipadas para o tradicional certame de Alpuxarradas, que dará comezo á programación municipal de entroido este sábado 1 de marzo.

O evento terá lugar no Teatro Pastor Díaz, onde se poderán adquirir as entradas restantes de xeito presencial o propio día das Alpuxarradas a partir das 19:30 horas.

Xa non será posible, polo tanto, mercar as entradas nin por teléfono nin a través do correo electrónico. O custe en todo caso seguirá a ser de 2€ por billete.

Nos días seguintes haberá outras múltiples actividades para celebrar o entroido, ata o chegar o martes 4 de marzo ao desfile de entroido e o concurso de disfraces.

Finalmente, a programación rematará o mércores 5 de marzo co Enterro da Parrocha infantil ás 18:30 na rúa Pastor Díaz e o Enterro da Sardiña ás 21:00 na praciña da Herba.

Exit mobile version