O número total de exemplares foi de 91 árbores
Tal e como precisaron con iniciativas como esta o que “pretendemos é abrir camiño á veciñanza para que as súas fincas sexan cada vez máis produtivas, e queremos seguir animando á veciñanza a continuar plantando árbores porque é unha forma efectiva de contribuír á conservación dos ecosistemas e de loitar contra o cambio climático”.
O ter tramitado o pedido conxunto supón, ademais, -precisou- “un importante aforro aos veciños e ás veciñas que solicitaron as árbores”, que nesta ocasión foron especies moi variadas ata 36 diferentes: maceiras, pereiras, cerdeiras, castiñeiros, aguacateiros…
O número de exemplares entregados nesta ocasión foi de 91 árbores solicitados por unha decena de veciños/as.