O 112 Galicia recibiu o aviso ás 11:45 deste sábado a través dun particular, que alertaba dunha colisión entre dous coches con posibles feridos. De inmediato, informouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Vilalba e ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Nun primeiro momento, os servizos sanitarios decidiron activar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, pero finalmente a súa intervención foi anulada. Os dous feridos foron trasladados en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
