O copiloto, que foi excarcerado, tivo que ser evacuado nun helicóptero medicalizado. O accidente tivo lugar contra as 10:00 horas da mañá de hoxe. Segundo a información que aportou un particular ao 112 Galicia, un turismo saírase da AC-862, no quilómetro 34. O alertador explicou que o coche quedara envorcado e cunha persoa atrapa e inconsciente. Sen agardar, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Eume, ao GES de Ortigueira e á Garda Civil de Tráfico. Logo da chegada dos servizos de emerxencia á zona, estes indicaron que había 2 ocupantes no interior do vehículo. A dotación de bombeiros empregou o material de excarceración para liberar ao copiloto, que sería trasladado ata o hospital de referencia a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Por outra banda, o condutor, tamén ferido, foi evacuado en ambulancia.
![Dous trasladados logo dunha saída de vía en Cerdido](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2023/05/Screenshot-2023-05-19-at-17-57-20-Benvido-a-Axega-Axega.png)