Estas obras, anunciadas no pasado mes de decembro, supoñen un investimento total de 110.795,19€. Serán executadas pola empresa López y Leis S.A. cun prazo de execución de tres meses.
As actuacións, que xa están sendo executadas, inclúen a demolición do pavimento actual, a colocación dun novo bordo de formigón, a construción dunha nova beirarrúa de formigón impreso de 15cm de espesor, a instalación de pavimento podotáctil nos puntos necesarios e a substitución das bocas de rega existentes.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, sinalou que a obra “permitirá mellorar a seguridade e a accesibilidade para a veciñanza, dúas das grandes prioridades do noso Goberno local no que se refire ás infraestruturas do municipio”.
Por outra banda, a tenenta de alcaldesa e concelleira de Obras e Infraestruturas, Míriam Bermúdez, destacou que os traballos “permitirán mellorar ademais a rede de abastecemento, evitando deste xeito as avarías e problemas que esta estaba a sufrir na zona”.