Site icon Crónica3.com A Mariña

Chuvia de albóndegas en Foz esta fin de semana

Foz, 18 de febreiro de 2025. Do 21 ao 23 de febreiro terán lugar as xornadas gastronómicas das albóndegas, que organiza AciaFozCCA e nas que participan 10 locais hostaleiros.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinalou que “durante os 3 días os dez negocios participantes servirán pinchos, tapas e racións de albóndegas en diversas elaboracións”.

Nas xornadas gastronómicas da albóndegas danse cita: Augas Santas, Bar 78, Bar Campos, Cafetería Anduriña, Casa Damián, Dandy, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte e Xoyma.
Paleo indicou que “con esta proposta gastronómica queremos animar este tempo de Entroido na fin de semana anterior ao grande desfile de Foz”.

Colaboran con AciaFozCCA a Xunta de Galicia e o Concello de Foz. Na presentación da campaña participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.

O teu café ten premio

Desde onte e ata o 23 de febreiro desenvólvese tamén a campaña especial denominada O teu café ten premio, que está enmarcada no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés que se celebra no IES de Foz.

Aquelas persoas que tomen o café en Anduriña, Bar 78, Dandy, Los Dulces de Delphine, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte, Coffee Urban Roasters Foz, Xoíña Pizzería e Xoyma entre os días 17 e 23 de febreiro participarán no sorteo dunha cesta especial composta por produtos relacionados co mundo do café. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 26 de febreiro.
AciaFozCCA organiza esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

Exit mobile version