Os desfiles, de Cervo, San Cibrao e San Román, son os pratos fortes nunha semana chea de actividades
Cervo, 14 de Febreiro de 2025. O Concello de Cervo xa ten todo a punto para celebrar un entroido por todo o alto, con actividades e festa para todos os públicos que xirarán en torno aos tres desfiles que se celebrarán en Cervo, en San Cibrao e en San Román de Vilaestrofe.
A alcaldesa, Dolores García Caramés e a concelleira Mali Méndez, presentaron a programación xunto cos representantes das Asociacións Airiños do Xunco, a asociación Mulleres Rurais As Espalladoras colectivos, estes últimos que se encargan da organización dos entroidos de Cervo e de San Román, respectivamente, e tamén de membros da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, que se encargará da venta de bolos preñados, sobremesas e pastelón no Entroido de San Cibrao, na Praza dos Campos e da asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe e da comunidade de Montes Veciñais, que colaboran no entroido de San Román.
Os actos de Entroido comezarán o domingo 2 de marzo en Cervo co desfile que partirá do CEIP de Cervo ás 18:00 horas ata a carpa instalada na Praza do Souto, amenizado pola Charanga Os Macanudos. Para máis información e para inscribirse no desfile os/as interesados/as poden chamar aos teléfonos 617 31 32 07 (Rafa) ou 629 95 17 61 (Raquel). O mesmo día do desfile tamén inscribirán unha hora antes de que dea comezo.
Haberá premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas, que recibirán figuras de cerámica de Sargadelos e cestas con produtos típicos de Entroido; a continuación Dj Conxuro, poñerá os acordes á festa.
As comparsas, que deberán estar integradas por máis de 8 persoas, e que se anoten antes do sábado 1 de marzo, recibirán unha cesta de produtos típicos de entroido.
O martes 4 terá lugar o desfile de Entroido de San Cibrao a partir das 18H con saída da carpa instalada na Praza dos Campos e amenizado pola charanga Os Macanudos. Haberá 2.280€ en premios aos mellores disfraces e comparsas. Ao remate do desfile amenizará Dj Tapy García.
Ademais, a AC Comisión de Festas de Lieiro terá un posto de venta na carpa instalado na Praza dos Campos de chocolate con sobremesas, pastelón, e bolos preñados.
As persoas interesadas en participar no desfile poderán anotarse na Casa da Cultura de San Cibrao, en horario de mañá desde o próximo luns, 17 de febreiro, e ata o martes 4 de marzo incluído; e recibirán vales de consumición nos establecementos hostaleiros locais e bolos preñados, aqueles que se anoten antes do 1 de marzo.
Aceptaranse inscricións ata unha hora antes do inicio do desfile, na Praza dos Campos, pero sen dereito a vales. Os participantes que desexen anotarse a partir das 17:30 horas do día do Desfile quedarán excluídos do concurso, pero poderán participar igualmente na marcha. Os premios entregaranse na Praza dos Campos ás 21:30 horas; e todos os/as gañadores/as terán que recollelo co disfrace posto.
O sábado 8 péchase a semana de Entroido no Concello de Cervo co Desfile de Entroido de San Román organizado pola Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras, coa colaboración do Concello de Cervo, a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe e a asociación de montes veciñais. Será a partir das 22:00H no Pavillón de San Román de Vilaestrofe e estará amenizado polo Grupo La Bamba e discomóbil Conxuro. Para formalizar a inscrición teñen habilitado o teléfono 656 272 802.
O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a desfrutar de cada unha das citas que se propoñen para estas datas, nunhas festas das máis alegres e coloridas do calendario.