A xuntanza terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, e polas palilleiras de San Cibrao na Casa do Mar, no local que empregan para desenvolver a súa actividade.
Con 18 anos de historia, o Encontro de Palilleiras é un evento máis que consodidado en Cervo co fin de poñer en valor “unha tradición artesanal que cremos primordial que se manteña viva”, indicou a alcaldesa.
Unha cita -engadiu- que rende homenaxe á paciencia, á dedicación e á creatividade de todas esas persoas que manteñen viva esta artesanía tan especial “que garda un legado que se transmitiu de xeración en xeración, e este encontro serve tamén para celebrar a importancia de preservar e promover estas tradicións”.
A alcaldesa e a edil convidaron a todo o mundo a asistir a este Encontro no que se poderá “gozar da beleza dos traballos confeccionados por expertas palilleiras e da súa destreza en vivo, contribuíndo así á conservación e posta en valor deste oficio con gran tradición e séculos de historia”.
As persoas interesadas dn participar xa poden anotarse na Casa da Cultura (982 59 51 57) ou no teléfono 629 91 22 39