Ribadeo, 17 de febreiro de 2025. Cecilia Reigosa Montero é a gañadora do XI Concurso de Cartas de Amor convocado pola galería ribadense Terra Branca.
Querido Valadouro é o título da carta premiada, cuxo audiovisual pódese ver xa nas redes sociais de Terra Branca.
Foron 82 as cartas presentadas ao concurso de Terra Branca, chegadas desde diferentes puntos de España e escritas tanto en galego como en castelán. José Ramón Leal, o director da galería, sinala: “le damos nuestra más sincera enhorabuena a Cecilia. Y queremos convocaros a todos a participar ya en la duodécima edición de nuestro querido concurso en 2026”.
O xurado estivo formado pola artista Mariángel Leal, pola lectora Mari Carmen Vidal e por José Ramón Leal, director da galería Terra Branca.
Cecilia Reigosa Montero, que pertence á asociación Saúde Mental A Mariña, recibirá o premio nos próximos días.
Querido Valadouro
Dende o momento en que puxen os meus pes nas túas terras, souben que atopara un lugar moi especial. A túa beleza natural, as túas paisaxes verdes e os teus ríos serpenteantes fixéronme namorar profundamente. Cada rincón da túa xeografía conta cunha historia e eu tiven a sorte de ser parte dela.
As túas montañas maxestosas, que se alzan como gardiáns dos teus segredos, recórdanme a túa gran natureza. En cada paseo dos teus sendeiros, encontrei paz e serenidade, respirei aquel aire máis puro e escoitei aquel canto dos paxaros que enchen a vida dos teus bosques.
As túas tradicións e cultura, transmitidas de xeración en xeración, son un tesouro inigualable. A calor da túa xente, a súa hospitalidade e amabilidade, fan que calquera se sinta como na casa. Deleiteime coas túas festas e celebracións, onde se reflexa a alegría e o espírito comunitario que te caracteriza.
O Valadouro, es o lugar onde o tempo parece deterse, onde cada día e unha nova oportunidade para descubrir as túas marabillas e redescubrirse un mesmo. Gárdote no meu corazón, e cada vez que penso en ti, un sorriso se debuxa no meu rostro.
Grazas por ser o refuxio da tranquilidade, un remanso de paz, e por mostrarme que a beleza verdadeira reside na simplicidade e a autenticidade. Prometo volver a visitarte e seguir explorando todo o que tes para ofrecer.
Con todo o meu cariño.
Cecilia Reigosa Montero