Site icon Crónica3.com A Mariña

Candela Rego, do Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro, seleccionada para o Consello Estatal de Participación de Infancia e Adolescencia

Viveiro, 19 de febreiro de 2025. O Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro vén de recibir un novo recoñecemento coa selección de Candela Rego como membro do Consello Estatal de Participación de Infancia e Adolescencia (CEPIA). Este órgano, creado en 2021, ten como obxectivo dar voz aos menores de 10 a 18 anos a nivel nacional.

Candela, integrante do grupo desde hai tres anos, comezará a súa participación no CEPIA a partir do vindeiro luns, onde se integrará na asamblea composta por 34 mozos e mozas de todo o territorio nacional.

Este órgano reúne mensualmentes de forma virtual e traballa en diversas áreas como saúde, educación, medio ambiente, igualdade ou emancipación.

A súa incorporación únese ao traballo realizado por Emily Castañeda, quen desde 2023 ocupa o cargo de vogal no Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou: “A implicación de Candela e Emily en foros de tal relevancia é un exemplo para toda a nosa mocidade. Desde o Concello seguimos comprometidos en fomentar a participación activa da xuventude, e invitamos á mocidade local a unirse ao Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro”.

Exit mobile version