O acto terá lugar a partir das 11:00 no auditorio da Casa da Cultura de Burela, coa participación dos centros educativos públicos do municipio.
Para comezar, a cativada da Escola Municipal de Música de Burela e dos colexios CEIPP Vista Alegre e o CEIPP Virxe do Carme interpretará cancións que musican textos da célebre escritora galega co fío condutor da súa vida.
Logo será a quenda dos centros de secundaria, na que os rapaces e rapazas dos IES Perdouro e do IES Monte Castelo lerán diversos textos de Rosalía, así como un manifesto a prol da lingua galega.
Pola tarde celebrarase unha maratón de lectura de textos en galego a partir das 16:00 no salón de plenos do Concello de Burela. Nel darase espazo ós diferentes colectivos e asociacións da vila, así como ó público xeral.